|
|
|
51-200 employees
View all
|
|
Broadcast Media
|
|
Rúa de San Marcos, Santiago de Compostela, Galicia / Galiza 15820, ES
|
|
A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) nace o 1 de xaneiro de 2016 como sucesora da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, que comezou as súas emisións en 1985. A súa sede principal está situada en Santiago de Compostela, capital de Galicia. A misión primeira da Corporación é mellorar e normalizar o uso do galego como lingua oficial e promover a nosa cultura a través da Televisión de Galicia (TVG), a Radio Galega (RG) e de soportes dixitais. A achega orzamentaria principal provén do Goberno autonómico de Galicia e complétase con ingresos por publicidade.
A CRTVG retransmite as 24 horas do día, 365 días ao ano a través de dúas canles de TDT en HD, dúas por satélite para Europa e América e catro da Radio Galega. A isto súmanse outras fiestras en dixital, co portal crtvg.gal e outras canles temáticas asociadas que acollen os diferentes contidos da Corporación, como o espazo de series EnSerie.gal, ademais da presenza en multitude de redes sociais de información e entretemento. A CRTVG é membro fundador da FORTA e está asociada a CIRCOM e Celtic Media.
Cuns servizos informativos líderes, encabezando as televisións rexionais e apoiada por unha sólida posición da Radio Galega e dos medios dixitais, a Corporación fomenta a innovación tecnolóxica no campo dos contidos dixitais e as canles temáticas, para consolidarse como o medio de comunicación audiovisual de referencia para a cidadanía galega.
Así mesmo, é o medio de comunicación autonómico español que máis inviste no seu sector audiovisual rexional en canto a cine e series de televisión, segundo reflicten anualmente os datos da CNMC, colocando os seus produtos e a lingua galega nas principais plataformas de 'streaming' do mundo. O 96 % do que se emite na TVG é material feito en Galicia, xa sexa en forma de produción propia interna ou elaborado por empresas produtoras pertencentes á industria audiovisual galega.
|
Corporación Radio E Televisión De Galicia Email Formats | Example Email Formats | Percentage |
---|---|---|
{f}{last} | [email protected] |
75.00%
|
The widely used Corporación Radio E Televisión De Galicia email format is {f}{last} (e.g. [email protected]) with 75.00% adoption across the company.
To contact Corporación Radio E Televisión De Galicia customer service number in your country click here to find.
Find accurate personal emails, work emails and phone numbers for employees
Accelerate prospecting with instant access to 300M professionals from 30M companies with the right contact details.